Ciencia

Putin investiga co uso de gatos atómicos


O primeiro ministro ruso presenta un prototipo de gato atómico na feira das ciencias de Stalingrado.

gato putinUnha nova ameaza velada foi a presentada por Vladimir Putin durante este fin de semana. Baixo os temores de investigacións nucleares para a creación de armas por parte de Irán, agora é Rusia quen presenta un novo e sofisticado artiluxio dentro do que os expertos califican como unha nova Guerra Fría.

A presentación levada a cabo polo ministro de Defensa, Serguéi Shoigú, e o xefe do equipo de investigacións nucleares presentou publicamente o primeiro prototipo de gato atómico.

O animal-bomba podería ser usado para infiltrarse nas liñas enemigas e saltar polos aires miles de vidas.

“É un orgullo para Rusia a presentación hoxe deste prototipo que poderá defender a nosa patria de invasións foráneas” declaraba no día de onte o primeiro ministro Putin.

O prototipo gato atómico será chamado Troskat, e terá incorporado un mando a distancia con diferentes opcións, desde o ronroneo á explosión atómica.

 

One thought on “Putin investiga co uso de gatos atómicos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.