A recente compra do dominio por parte de alguén levanta as sospeitas de que o expresidente español ou o seu equipo o tivera mercado.
Os Grupos Antiterroristas de Liberación máis coñecidos como GAL, desapareceron das portadas dos xornais a principios dos anos 90, pero presuntamente seguen mantendo viva a súa cerna como se demostra cos últimos acontecementos.
O dominio de internet x.gal tería sido mercado, hipoteticamente, e segundo informan a TemposGalegos, o comprador podería estar relacionado directamente co expresidente Felipe González, presidente do goberno durante a época na que os GAL permanecían activos.
A compra deste dominio podería significar, de ser certo, a posta en marcha de novo do grupo armado, o que viría dado das conversas de Felipe González coa disidencia venezolana, a cal tería informado, presuntamente, tanto ao expresidente como ao núcleo do PSOE dos perigos dunha ditadura bolivariana que podería chegar a levar a cabo Podemos despois das próximas eleccións.
Os GAL poderían por tanto, hipotéticamente, comezar de novo a marcarse obxectivos e para as súas comunicacións precisarían dun dominio que sería o .gal.