Despois da metida de pata do embaixador xaponés Kazuhiko Koshikawa, falando en galego en Galicia, Núñez Feijóo alenta ao país asiático a adquirir un modelo educativo e lingüístico semellante ao galego.

Alberto Nez Feijo recibir ao embaixador de Japn en Espaa. No deu despacho de San Caetano
Unha nota de prensa da Consellería de Presidencia da Xunta de Galiza, vén de explicar que o contido fundamental dos acordos asinados co Xapón o pasado luns é “Exportar al Japón el modelo educativo gallego, que tan necesario es para el país nipón. Y como muestra valga la imagen del embajador japonés hablando gallego.”
Os lingüistas da Consellería de Presidencia en colaboración coa Consellería de Educación detectaron numerosas semellanzas entre o Xapón e Galicia. Os dous teñen en común un idioma que non lles vale para ir moi lonxe. “Con el gallego sales de Galicia y que? Y con el japonés sales del Japón y que? Llegas a China y ya no te vale” afirma o comunicado da Xunta.
Xapón partiría coa base e a vantaxe de que o inglés xa está implementado, polo que o obxectivo sería acabar co xaponés dunha vez por todas, deixandoo para a poesía, así como cortar de raíz os gromos de galego que se apuntan no embaixador xaponés en España. “Si no fuera por el gallego, no se quedaría en España. Sin el gallego estaría en Berlín, París o los Estados Unidos, nada que ver” reza no a nota.
Para a execución do plan a Xunta enviará ai Xapón a varios directores e docente de escolas privadas e concertadas así como algúns de centros educativos públicos, todos eles con demostrada capacidade en “quitar a los niños del gallego”.
Pola súa parte o colectivo Fukushima Bilingüe denuncia a imposición do galego no representante xaponés, o que considera un atentado aos dereitos lingüísticos de todo o continente asiático, así como unha coartación flagrante da posibilidade de usar o español se así o desexan.
A Xunta pide á cidadanía galega que sexa comprensiva coa “eiva lingüística do embaixador” e “que se siga tratando ós xaponeses como se fosen xente normal”.