A Xunta de Galiza pretende así abaratar custes de manutención a par que lle da saída aos litros de leite que os gandeiros galegos derraman nas súas protestas.
O executivo de Alberto Númez Feijóo acaba de presentar por medio da súa portavoz parlamentaria a proposta que será debatida no próximo pleno do Parlamento de Galiza.

Protestas do leite a pasada semana en Lugo.
A proposta, calificada de revolucionaria, pretende aproveitar os milleiros de litros que as gandeiras galegas están a derramar nas súas protestas ao longo do país. Deste xeito o goberno galego pretende recoller este leite para transportalo despois aos comedores escolares públicos, rexidos pola Consellería de educación.
Paula Prado, a portavoz do PP, explicaba que é unha medida de gran versatilidade, posto que de todos xeitos as gandeiras ao non poder vender a leite ían a tiralo, así que polo menos que a aproveite alguén.
Colectivos de gandeiras, así como o Sindicato Labrego Galego, xa puxeron o grito no ceo ante tal medida que califican de filloputesca e de desleixo absoluto polo sector primario galego, clave estes nas provincias de Lugo e Ourense.

Manifestación por uns prezos dignos.