Despois do peche de fábrica de Tarazona en 2009 a marca lider en chicles nos anos 90 relánzase ao mercado cun novo sabor, que será fabricado entre as cidades de Vigo e O Carballiño.
A marca de chicles que nos 90 se fixocase por completo co mercado de goma de mascar entre os máis novos vén de chegar a un acordo cos gobernos socialistas de Vigo e Carballiño para volver a producir as gomas de mascar da marca do superheróe azul.

Filtración do chicle de Polbo ao que tivo acceso TemposGalegos
A novidade deste relanzamento será que ademais dos sabores típicos fabricados por Boomer, alén da variante do ‘Kilométrico Boomer’, a empresa comezaría a produción en serie do chicle sabor “Polbo pouco cocido” co que pretende achegarse ao nicho de mercado galego.
As infraestruturas estarían situadas en dous puntos, a primeira na zona franca viguesa, a cal sería a encargada da exportación e importación de producto debido aos beneficios arancelarios desta, e a segunda na contorna da vila ourensá do Carballiño onde se situaría a propia fábrica así como laboratorio de investigación. Boomer barallaría, nun marxe de 10 anos, abrir un Centro de investigación do Chicle no Parque Tecnolóxico de Galiza, situado no concello ourensán de San Cibrao das Viñas.
A directiva de Boomer contará para o seu asesoramento coa Morena de Arcos, unha das máis destacadas polbeiras do país, que axudará á compañía a acadar o sabor característico do polbo galego. En palabras en exclusiva da Morena a TemposGalegos “o truco está no cobre”.

Gama de sabores producidos ate o de agora pola marca Boomer.