O planeta anano amósase adorábel nunha das imaxes dadas a coñecer pola axencia espacial norteamericana.
Plutón, o planeta anano, que no 2006 foi deixado de ser considerado como tal pola ciencia, amosa agora a súa faciana máis agradábel nas fotos distribuídas pola NASA o pasado martes e realizadas pola sonda espacial New Horizons.

Plutón agradecendo aos Cuchufellos a súa confianza.
Nelas o plutoide amosa un corazón, o cal a todas luces, semella unha mostra de agradecemento ao grupo de folk-rock galego Os Cuchufellos, únicas persoas que confiaron nas capacidades e potencial do planeta periférico.
Como expresa a canción dos Cuchufellos titulada ‘Ánimo Plutón’, os de Manzaneda sempre se situaron a carón do anano xeado e proclamaron que con este estaba a “rebelión”.
Coa imaxe difundida Os Cuchufellos adquiren fama internacional e comezan xa a choverlles as ofertas de traballo alén das nosas fronteiras. Membros do grupo admitían na tarde de onte ter recibido ofertas de máis aló do Padornelo e incluso algunha para festivais internacionais como o Rock in Lisbon que se celebrará na capital portuguesa no ano 2016.