Tralas últimas polémicas da plataforma para compartir coche os desenvolvedores da web implementarán novos atributos a conductores e viaxes.
A plataforma web Blablacar, na que persoas de todas as idades comparten coches, gastos e viaxes, vén de anunciar nas últimas horas que para evitar as polémicas como as xurdidas a pasada semana a raíz do idioma dos viaxeiros, implementará novos atributos tanto aos usuarios como ás propios viaxes.
Durante a pasada semana surcaban as redes as imaxes de Whatsapp nas que unha potencial viaxeira da plataforma se negaba a compartir vehículo cun conductor que falaba galego, ante tal esperpento e a incredulidade do propio conductor, a noticia voou por todas as redacións do país ate chegar a oídos dos desarrolladores da plataforma informática de viaxes.
Según informa Blablacar nun comunicado de prensa, non é do seu interese crear polémicas nin debates encol do idioma dos usuarios da rede, polo que os seus desarrollares darán a opción aos usuarios de manifestar a súa opción idiomática para os viaxes e que as persoas podan ser quen de elixir o vehículo que mellor se adapte as súas necesidades e gustos.
Deste xeito os usuarios de Blablacar poderán explicitar entre os seus atributos os idiomas de preferencia, así como explicitar o idioma desexado para cada viaxe concreto.

Así serán as novas opcións idiomáticas de Blablacar
Ya era hora. Hay días que parece que solo puedes ir con bloqueiros radicales de estos. Que les hablas español y te contestan en gallego. Que yo entiendo que en las aldeas se use, pero los que vivimos en ciudades como comprenderán no vamos a tener que aprender y usar ese dialecto