Ciencia

A Xunta contratará borrascas puntuais para reforzar o dispositivo contra incendios forestais


A Xunta gábase do magnífico funcionamento do plan antiincendios que está desenvolvéndose na súa fase Beta (experimental).

peman borrasca home tempoA reducción das brigadas antiincendios vese compensada abondo ca contratación dos servicios de borrascas puntuais. Neste caso, para combater os incendios de Padrón, Figueiras, Pereiro e Oímbra, a estratexia foi unha acción de contención a cargo das brigadas antiincendios, para logo activar unha borrasca, neste caso procedente do País Vasco.

Deste xeito redúcense moito os custos e recíclanse as potencialidades de borrascas que, doutro xeito, esbaldaríanse de xeito improductivo. Os aforros orzamentarios son altos e a efectividade tamén alta.

A Consellería de Medio Rural tamén anunciou que a Unidade Militar de Emerxencias (UME) acompañará ás borrascas e ofrecerá un desfile de homes fornidos e guapetones para amenizar a extinción e que a poboación poida entreterse mentres dura a extinción climatolóxica do lume. A Xunta anunciou que a UME virá desinteresadamente a Galicia a cambio de 600.000 euros.

Turistas madrileños organizaron unha protesta pola contratación de borrascas: ‘En Sanjenjo no es que haga mucho calor. De noche hace falta una rebequita. No necesitamos más borrascas. Lo que queremos es tiempo de playa. En el monte solo hay bichos’, declararon.

A oposición someteu ó goberno a altas presións a causa da súa política incendiaria (no forestal) e acusou ó goberno de mentir, xa que a acción da borrasca foi, en realidade, desinteresada e grazas ás boas relacións que as borrascas en xeral teñen con Pemán. Preguntado Pemán por isto, só contestou ‘Boas noites, e ata mañá’.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.