A xuntanza entre o alcalde de Pontevedra e o presidente da Xunta de Galiza foi moi fructífera segundo fontes oficiais.
Miguel Anxo Fernández Lores e Alberto Núñez Feijóo mantiñan na mañá de onte unha xuntanza na que foron tocados diversos temas, entre eles a panorámica das próximas eleccións ás Cortes Españolas ou a demencia de Beiras.
Despois da manifestación do pasado sábado 25 de xullo, durante o día da patria e na que o BNG, se colocou de xeito simbólico á fronte das negociacións de cara a unha hipotética futura marea galega, é o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores o que mantén as primeiras conversas para tantear ao arco político galego.
Na reunión mantida entre ámbolos dous representantes públicos, tanto Lores como Feijóo admitiron a boa sintonía entre eles e mesmo se abriu a porta a futuros acordos políticos para favorecer á cidade de Pontevedra.
Como punto cumio da xuntanza, o propio Lores, sondeu a posibilidade de que Nuñez Feijóo pasara a integrar e formar parte da futura marea galega. En palabras do alcalde de Pontevedra, “non hai mellor maneira para Alberto(Núñez Feijóo) dé o salto a Madrid, que vía unha candidatura 100% galega como vai ser a Marea Galega”.
Polo de agora o presindente da Xunta nin confirmou nin desmentiu dita posibilidade, polo que todo queda no seu tellado.