Anova irá con calquera ás xerais, menos co BNG

Así o confirman fontes cercanas á organización nacionalista. O partido do histórico líder nacionalista Xosé Manuel Beiras podería estar a punto de firmar un acordo que encauzará meses de especulacións e negociacións por todo o país a raíz das próximas eleccións ás Cortes do Estado español. O acordo firmado a diferentes bandas con outras organizacións…

Facebook engadirá o botón ‘Me la suda’

Despois do anuncio de que Facebook de incluír o botón ‘Non me gusta’, a rede social máis grande do mundo estase a plantexar a posibilidade de ir un paso máis aló e engadir tamén o botón ‘Me la suda’. O novo botón xa é esperado por numerosos usuarios da rede social ansiosos de telo disponíbel…

Vacas en Sarria convocan unha folga

Colectivos de vacas leiteiras de Sarria convocaron unha folga este martes, que afectará a todos as granxas da contorna da vila, segundo informou este luns o sindicato de vacas roxas. O conflito laboral que arrastra o sector leiteiro galego explicítase en parte polos baixos prezos do leite pero por outra banda debido ao fracaso das…

O PP asume o manifesto Nacho Vidal: Foderannos a todos

O manifesto de Nacho Vidal, actor porno e participante de reality shows televisivos, está a causar furor nas redes e na sede do Partido Popular. Segundo puido saber este medio, o partido liderado por Mariano Rajoy vai aproveitar o tirón mediático que está a ter nas redes sociais o manifesto que o actor de películas…

Os bancos cobrarán por respirar preto das súas sucursais

Algunhas entidades xa comezaron a cobrar por respirar preto delas. O panorama bancario anda revolucionado polo cobro das comisións por utilizar os caixeiros, pero una nova ameaza bancaria axexa tras a polémica decisión das entidades financeiras. Os principais bancos asentados no noso país reclaman a instauración do cobro de comisión por respirar nas súas sucursais…

Lanzan o licor café 0,0

Abstemios sen outra cousa que facer anunciaron onte o lanzamento do licor café 0,0. O mundo das bebidas recibe unha nova innovación. Despois da cervexa que non é cervexa e o viño que non é viño, chega unha nova bebida. O licor café 0,0 que, por suposto, tampouco será licor café. Os inventores aseguran que…

Nomean un tenente de alcalde de enterros e pésames

Os novos gobernos municipais emanados das eleccións de maio celebran os seus primeiros 100 días de goberno con coincidencias no seu traballo á fronte dos consistorios. Se algo caracteriza estes primeiros 100 días de traballo municipal é a vocación de permanencia dos partidos que afrontan o reto de xestionar a gran diversidade de concellos do noso…

Comunista é mordido por un can e convértese en libertario

Un can, chamado Trotski, trabou un militante comunista e transmitiulle o virus do libertarismo. Un militante da FPG foi mordido na tarde de onte por un can. Aínda que as feridas non revisten gravidade os seus compañeiros de partido advertiron que, cando saíu de urxencias, substituíra as tradicionais consignas por soflamas libertarias. ‘Advertimos o que pasaba cando comezou…

Queren que os teléfonos intelixentes poidan ser candidatos nas eleccións.

Unha nova candidatura unitaria podería estarse a argallar para as vindeiras eleccións xerais. O orixinal desta candidatura unitaria é que, a diferencia das demáis candidaturas unitarias, non nace dunha escisión de ningunha candidatura unitaria. O miolo desta candidatura é que os aparellos intelixentes, nomeadamente os teléfonos, poidan ser candidatos ás eleccións: “Moitos telefónos son máis…

Apple saca unha app-vitro para o iPhone6plus

Apple amplía as posibilidades do Iphone6 á domótica e a gastronomía. Por iso ten previsto lanzar en breve unha app para poder usar a pantalla do Iphone6plus como vitrocerámica. A iVitro terá dúas opcións: de dous ou tres fornos. Esta app permitirá cociñar en calquera lugar sen importar se é interior ou aire libre. Ovos…

Feijóo quere un tractor “amarillo”

“É o que se leva agora” declarou Núñez Feijóo. Entre as as cousas que os gandeiros sacan en limpo da xuntanza mantida co presidente e máis a conselleira están o desexo do presidente de ter un Kubota amarelo ou un Massey Ferguson da mesma cor. “Disque ten algo de envexa do tractor de Rafa Cuíña…

Sanidade propón peregrinacións de xeonllos ao novo hospital de Vigo

A Xunta de Galicia está a inaugurar no hospital novo de Vigo, un novo sistema de xestión da sanidade pública. A Conselleira de Sanidade abroncou ás becarias que enviaron os xornais cas conclusións dos estudos da consellería: ‘O mal da sanidade pública son os maulas que se fan pasar por doentes’, berrou estragando o micro…