Os novos gobernos municipais emanados das eleccións de maio celebran os seus primeiros 100 días de goberno con coincidencias no seu traballo á fronte dos consistorios.

O tenente alcalde de Rairiz de Veiga falando durante un velorio.
Se algo caracteriza estes primeiros 100 días de traballo municipal é a vocación de permanencia dos partidos que afrontan o reto de xestionar a gran diversidade de concellos do noso país.
Para isto numerosas corporacións contan cunha área significativa dentro dos caladeiros de votos, as concellerías de enterros e pésames. Área que, sobre todo no rural, ten un peso fulcral dentro das actividades municipais dos concelleiros electos, sendo incluso asumida por multitude de alcaldes e tenentes alcaldes.
O caso máis chamativo pode ser o do teniente alcalde de Rairiz de Veiga, ao fronte da Concellería de Enterros e Pésames, sendo o seu único cometido acudir aos enterros e velorios do concello para dar o pésame instutcional ás familias das falecidas.

Feijóo na procura duns votiños antes das pasadas autonómicas.
O Partido Popular, gran experto, no arte do pésame, explicaba para TemposGalegos en que se basa o traballo dos seus concelleiros encargados de pasear entre defuntos e familias rotas pola dor. “O feito de facer chegar en persoa as túas condolencias ás familias que acaban de perder un familiar aporta cando menos un 10% de votos dentro da propia familia, e nos tempos que corren non estamos para desperdicialos”.