Sociedade

Lanzan o licor café 0,0


Abstemios sen outra cousa que facer anunciaron onte o lanzamento do licor café 0,0.

licor cafe lk 0,0

O Licor Café 0,0º. Un invento tan necesario como a toalla de plástico

O mundo das bebidas recibe unha nova innovación. Despois da cervexa que non é cervexa e o viño que non é viño, chega unha nova bebida. O licor café 0,0 que, por suposto, tampouco será licor café.

Os inventores aseguran que manterá o sabor e a textura do LK orixinal e que estará dispoñíbel para ‘botellóns sans e festas veganas en xeral’.

Algunhas multinacionais de bebidas alcólicas xa teñen os ollos postos na nova bebida  pero quen máis interese está a poñer é a multinacional americana Coca-Cola. Fontes consultadas por este medio declararon que ‘levamos anos intentando sacar unha Coca-Cola sen burbullas. Este novo LK pode ser a solución definitiva’.

Os autores anunciaron a creación dunha empresa para explotar o produto e anunciaron a contratación de Lamatumbá para facer o anuncio de televisión e radiofónico.

O grupo volverase xuntar e, segundo transcendeu, farán unha nova versión da súa coñecida canción. Filtracións da gravación do spot revelaron que a canción quedará do seguinte xeito: ‘Licor do negro café que non me tumbas nin me matas / Licor do negro café non me fas andar a catro patas’.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.