Algunhas entidades xa comezaron a cobrar por respirar preto delas.

Xente cagándose nos putos bancos.
O panorama bancario anda revolucionado polo cobro das comisións por utilizar os caixeiros, pero una nova ameaza bancaria axexa tras a polémica decisión das entidades financeiras. Os principais bancos asentados no noso país reclaman a instauración do cobro de comisión por respirar nas súas sucursais ou preto delas.
O Banco de España avisou de que actuaría se a banca continuaba aplicando esta comisión, posto que non está de todo claro que poidan cobrar por respirar no entorno dos bancos, máis opta por non pronunciarse acerca do aire inhalado no interior das mesmas.
O Ministerio de Economía advertiu que tomará cartas no asunto se o regulador non toma a iniciativa e gravará ditas comisión cun imposto a maiores que redunde nas arcas públicas. Por agora, só Caixa Rural asegurou que non cobrará a súa comisión por inhalación de aire aos clientes que utilicen a súa rede de sucursais. Mentres que desde gran parte da banca apuntan a que o problema é das entidades que comezaron a aplicar esta nova recarga, polo que non é de estrañar que todas queira facer o mesmo.