Tecnoloxía

Queren que os teléfonos intelixentes poidan ser candidatos nas eleccións.


Unha nova candidatura unitaria podería estarse a argallar para as vindeiras eleccións xerais.

O orixinal desta candidatura unitaria é que, a diferencia das demáis candidaturas unitarias, non nace dunha escisión de ningunha candidatura unitaria.

CapturaO miolo desta candidatura é que os aparellos intelixentes, nomeadamente os teléfonos, poidan ser candidatos ás eleccións: “Moitos telefónos son máis intelixentes que os seus propietarios” afirman fontes da candidatura nun whatsapp “No caso de alcaldes e deputados a proporción dispárase”.

Existen probas abondo non só da intelixencia senón da honradez destes aparellos, “Quen é máis honrado, Bárcenas ou o seu teléfono?” Teléfonos, coches, robots de cociña, lavadoras, frigoríficos, aspiradoras, etc., ofrecen unha característica superior a calquera alcalde, deputado, concelleiro, ministro e ou presidente de goberno, xunta e/ou deputación; que é a súa programación directa por parte da cidadanía, e a garantía de que vai cumprir exactamente o que ofrece e se lle pide.

No caso dos teléfonos e computadoras, engádese un nivel de iniciativa superior ó de moitos deputados nacionais, estatais e sobre todo europeos. A proba é cantas veces chaman eles sós, sen avisar, e forzan contactos entre persoas que, doutro xeito, non se falarían. “Son mais dialogantes que a maior parte dos cargos públicos”, whatsappean.

Baltar Jr, tuiteou que o seu teléfono “é autónomo e tuitea e retuitea e whatsappea por libre e ten conta de seu en facebook #CreoenOurense” e que para el o seu teléfono é “o máis apreciado dos meus colaboradores #CreoenOurense”. Rafael Cuiña, pola súa parte, retuiteou os tuits de Baltar Jr.

As críticas xurdiron dende sectores que denuncian que todos estes aparellos están fabricados na China. “Cederlles o poder sería renunciar á soberanía nacional” afirman nunha sms dende o BNG.

A cidadanía está dividida, as marcas están encantadas e as empresas de telefonía supeditan a súa participación ós beneficios que obteñan. Os teléfonos pola súa banda, xa están negociando entre eles a conta da tarifa plana dos seus propietarios.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.