Colectivos de vacas leiteiras de Sarria convocaron unha folga este martes, que afectará a todos as granxas da contorna da vila, segundo informou este luns o sindicato de vacas roxas.
O conflito laboral que arrastra o sector leiteiro galego explicítase en parte polos baixos prezos do leite pero por outra banda debido ao fracaso das negociacións sobre o convenio colectivo cos propios animais.

Colectivo de vacas sarrianas.
En declaracións, as vacas sarrianas sinalan que aceptan “con gran pesar” a decisión dos sindicatos agrarios e colectivos de gandeiros de desconvocar as tractoradas, pero que elas non poden seguir con esta dinámica de explotación e succionación.
“Non imos permitir que nos segan chuchando as ubres para vender o noso leite por catro cadelas, a partires de agora as vacas sarrianas non darán máis leite que para o consumo das súas crías” afirman nun comunicado.
“Temos leite de calidade e teñen que pagar por el, non estamos dispostas a traballar para o inglés” explicaba a este medio Marela, “unha vaca do país” como gosta ser chamada.
Se nada cambia e non se pactan uns prezos xustos polo leite o colectivo de vacas sarrianas permanecerá en folga indefinida, e esperan que outros colectivos vacúns da provincia de Lugo se sumen a este paro.