Despois do anuncio de que Facebook de incluír o botón ‘Non me gusta’, a rede social máis grande do mundo estase a plantexar a posibilidade de ir un paso máis aló e engadir tamén o botón ‘Me la suda’.
O novo botón xa é esperado por numerosos usuarios da rede social ansiosos de telo disponíbel e podelo utilizar en posts publiciatarios e artigos de opinión.
O colectivo de hipsters xa se mostrou en desacordo co novo botón. Así, o seu voceiro, declarou que ‘es inadmisible que alguien pueda pueda ponerle un melasuda a una publicación de nuestro colectivo. Somos intrínsecamente interesantes.’
O colectivo gafapasta tamén se adheriu á petición hipster e indicou que ‘si Mark Zuckerber (creador de Facebook) sigue adelante iniciaremos acciones legales’. ‘Muchos de nuestros compañeros se derrumbarían con solo ver que sus fotos o citas de célebres reciben un melasuda. Tenemos que velar por la salud mental de nuestro colectivo’.
Na rolda de prensa que estaban a dar os dous colectivos conxuntamente producíronse altercados despois de que un xornalista se dirixira a un hipster chamándoo gafapasta. O aludido entrou en cólera pola confusión e abalanzouse sobre o xornalista. ‘Como te puedes confundir. Somos completamente distintos. Mira el pelo. Y los galgos’, exclamaba mentres aporreaba no xornalista cun iPad retina.
A petición tamén foi secundada polo profesor Roblerto Blanco Valdés seguramente temeroso pola cantidade de pulsacións de botón que terían os seus artigos.