Actualidade

Sanidade propón peregrinacións de xeonllos ao novo hospital de Vigo


A Xunta de Galicia está a inaugurar no hospital novo de Vigo, un novo sistema de xestión da sanidade pública.

A Conselleira de Sanidade abroncou ás becarias que enviaron os xornais cas conclusións dos estudos da consellería: ‘O mal da sanidade pública son os maulas que se fan pasar por doentes’, berrou estragando o micro da Radio Galega. Por iso puxeron o hospital novo de Vigo na avenida do Quinto Carallo sen número, berrou a conselleira, furándo o tímpano da becaria que mandou La Coz de Galicia. ‘Pra que non lles colla de paso, cona!’, exclamou.

Tamén pola mesma razón puxeron tan altas as taxas de aparcamento, ‘Pra disuadir ós maulas que se fan pasar por enfermos crónicos. Que vaian traballar!’, volveu berrar na orella da becaria da TVG sen decatarse que era unha enchufada do PP Baltárida. e tamén para disuadir ós familiares de enfermos ‘A que cona teñen que ir visitar a ninguén se xa están ben atendidos?’, seguíu berrando con carraxe. rebentando o micro de Onda Cero.

A consellería ten previsto desenvolver novos programas contra os maulas para priorizar a atención aos necesitados. Por exemplo poñer colchóns de alfinetes para acelerar a circulación sanguínea (‘Moi boa para a saude, hostia!’ seguiu berrando) e para axilizar as altas hospitalarias. E tamén priorizar aos doentes que cheguen ao hospital de xeonllos dende o seu domicilio. Para iso pensan que o arcebispado de Santiago implante un sistema similar ó das compostelanas que garanta que, efectivamente, a xente fixo o camiño do hospital comodiosmanda. No seu ton iracundo habitual, a conselleira mandou aos descontentos ‘A chorar a Cangas!’

O hospital Álvaro Cunqueiro pasará a chamarse o ‘Hospital dos outros feirantes’

2 thoughts on “Sanidade propón peregrinacións de xeonllos ao novo hospital de Vigo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.