“É o que se leva agora” declarou Núñez Feijóo.

Feijóo proba un tractor amarelo antes de mercalo.
Entre as as cousas que os gandeiros sacan en limpo da xuntanza mantida co presidente e máis a conselleira están o desexo do presidente de ter un Kubota amarelo ou un Massey Ferguson da mesma cor. “Disque ten algo de envexa do tractor de Rafa Cuíña e máis do de Antón Sánchez” comentaron os gandeiros.
Pola súa banda a Conselleira do Que Queda de Medio Ambiente Rural e Mariño manifestou que “A Xunta está en condicións de solucionar o problema do leite”
Apuxo os problemas de comunicación co sector ao mal que se explican os gandeiros. Finalmente os asesores da Consellería amosaron á Conselleira e ao propio presidente Feijóo varios videos de Youtube nos que se vía o funcionamento dunha explotación leiteira.
“Se nolo explicaran así antes, antes resolveríamos o problema” reprochou a conselleira aos gandeiros.
Os gandeiros procederon a descargarlles tamén un tutorial dunha munxidora pero non o entenderon. “No pasa nada. En el Candy-Crush no pasa del nivel básico y mas llegó a Conselleira y da gusto verla” dixeron amigas do seu círculo de proximidade.

Feijóo enfadado por non ter aínda un tractor patea a comida das vacas.
En declaracións posteriores a conselleira Rosa Quintana explicou que “Imos actuar a curto e longo prazo”. Anunciou que a curto prazo “imos homologar o sistema galego co francés, onde xa ningunha granxa de leite moxe as vacas, alí ordéñanas todas” “A longo prazo imos revolucionar o sistema na súa totalidade. Hai que modernizar o sector. Abandonar as granxas cheas de esterco, que non maneira de telas limpas. Se do que se trata é de vender leite, que abran supermercados. É moito máis doado e limpo”.
Desde a propia Xunta de Galiza explican que “No barrio da Conselleira hai varias persoas que venden o leite así e vailles ben. Carrefour, Alcampo, Gadis, Froiz ou Día son os modelos a seguir no futuro.” Deste xeito tamén poderán ter vacacións, non terán que madrugar e poderán mercar coches mellores que “eses que teñen agora cas rodas tan grandes, que non corren nada, non son nada cómodos e fan moito ruído e deben contaminar máis.”
Rematou a Conselleira recomendándolle ós representantes do sector que para outra vez se expliquen mellor, que son “difíciliños de entender. E un pouco rabudos”. Os representantes do sector non fixeron ningunha declaración malia que sairon ca boca aberta e a esta hora non consta que a desen pechado.