Tecnoloxía

Apple saca unha app-vitro para o iPhone6plus


Apple amplía as posibilidades do Iphone6 á domótica e a gastronomía.

Por iso ten previsto lanzar en breve unha app para poder usar a pantalla do Iphone6plus como vitrocerámica. A iVitro terá dúas opcións: de dous ou tres fornos. Esta app permitirá cociñar en calquera lugar sen importar se é interior ou aire libre. Ovos fritidos, ou escachados (de codorniz); fabadas dun só feixón, callos dun só garavanzo, … o que se poida imaxinar e reducir.

iVitro, a nova app de Apple para o seu iPhone6 Plus.

iVitro, a nova app de Apple para o seu iPhone6 Plus.

As posibilidades desta app son infinitas:
– Para teimosos da cociña
– namorados da cociña minimalista
– para comerciais de cociña
– para solteiros.
– para parellas que vivan en apartamentos pequenos
– para estudantes
– para quen non quere engordar
– para Boyscouts
– para montañeiros
– para sherpas
– para quen goza queimando os dedos
-…

Cociña baixa en calorías e alto consumo de batería.
Especialidade en calquera receita de orella: á prancha, fritida, asada, cocida, e tamén queimada.

A competencia non demorou en reaccionar. Samsung está preparando un Smart-Wok, a Sony xa lle arde a batería dende antes que inventaran as app, e o departamento de tecnoloxía espacial da Universidade de Vigo está investigando como aproveitar os incendios de cada verán para estás novas app de cociña. A día de hoxe xa teñen un fondo de vitro-pantalla.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.