O manifesto de Nacho Vidal, actor porno e participante de reality shows televisivos, está a causar furor nas redes e na sede do Partido Popular.
Segundo puido saber este medio, o partido liderado por Mariano Rajoy vai aproveitar o tirón mediático que está a ter nas redes sociais o manifesto que o actor de películas pornográficas Nacho Vidal lanzou a semana pasada para promocionar o Salón Erótico de Barcelona. ‘Follemos’, é a súa mensaxe en español e nel, a estrela do cine porno, formula nun video a súa particular solución aos problemas da humanidade.
O video leva máis de medio millón de visionados en YouTube e o Partido Popular, que está inmerso en plena precampaña electoral para as eleccións estatais, non quere deixar pasar a oportunidade.
‘Os vamos a follar a todos’, comenta un becario de Génova.
‘Somos el partido que mejor sabe joder a los ciudadanos’, engadiu un community manager do partido.
A estratexia dos populares está clara e aínda está por ver se lle vai funcionar pero non foi o único partido que está a aproveitar o manifesto.
Segundo parece estase a montar unha nova candidatura que vai tratar de fichar ao coñecido actor para as súas listas.
Fontes internas da mesma anunciaron que queren que Nacho Vidal sexa o nº1 ao Congreso por Barcelona e xa teñen deseñado o cartaz no que aparece Nacho Vidal co slogan: ‘Da igual a quien votes. Todos te van a joder. Escoge a un profesional’.