García Albiol: ‘El multiculturalismo va a llegaaarrrr’

O líder do Partido Popular en Cataluña toleou nun programa de televisión e emulou a Fernando Arrabal durante un debate sobre os atentados de París. Albiol comezou o programa con un ‘¡Hablemos del multiculturalismo! ¡Cojones, ya! Estamos hablando del apocalipsis. Hablemos del multiculturalismo’, exclamou mentres batía repetidamente coa súa man sobre a mesa de debate….

Un Antón Sánchez do futuro revela os resultados das xerais

O deputado de AGE trae tamén consigo un bote de Neutrex. O deputado pola provincia da Coruña de AGE, Antón Sánchez, apareceu desde o futuro para dar unha rolda de prensa coa candidatura de EnMarea. Así o vicevoceiro do grupo parlamentar, claramente desmellorado, explicou moi por riba o futuro que nos agarda nos vindeiros 4 anos….

Atribúen a paternidade de 150 bebés a un baño público

As nais teríanse sentado directamente na taza o que propiciou o embarazo. Acaba de saltar o escándalo na cidade da Coruña ao serlle atribuída a paternidade de 150 nenos e nenas aos baños públicos dun coñecido centro comercial. As probas realizadas indican que as nais teríanse sentado directamente na taza do inodoro o que provocaría…

O arcebispo de Valencia dirixirá unha cruzada contra os rebeldes de Star Wars.

Agasallará mulleres virxes aos mortos en combate. Antonio Cañizares, arcebispo de Valencia, levará a cabo unha exhaustiva investigación para identificar aos membros do Exército Rebelde “trátase de eliminar a todo aquel que non sexa trigo limpo”. Preguntado polo feito de que Pablo Iglesias non asinase o pacto antiterrorista, Cañizares dixo que non é momento para…

Yolanda Díaz marchará a Podemos despois das eleccións

A voceira de Esquerda Unida en Galicia marcaráse un Tania Sánchez e integraráse en Podemos despois das elección xerais do 20 de decembro. A boa relación e sintonía da ferrolá con Pablo Iglesias é pública e todo indica que se consumará na integración da actual militante de Esquerda Unida en Podemos. Desta maneira seguiría os…

Cerna anuncia que votará por EnMarea na provincia da Coruña.

A posibilidade da marcha a Madrid de Yolanda Díaz abre a porta para que a escisión de Anova amplíe o seu número de deputadas. Así o anunciaban no día de onte membros da formación nacionalista escindida de Anova, que á súa vez se escindirá do BNG. Tras os convulsos últimos meses de decantanción de formacións…

Os independentistas separarán Cataluña fisicamente de España

A pico e pala. E tamén con excavadoras. Así ten previsto conseguir a independencia o separatismo catalán se o plan pola independencia fracasa. A sociedade civil catalana xa ten un Plan B no caso de que o estado español poña atrancos ao plan independentista do parlamento catalán. Trátase de construír unha gabia que separe fisicamente Cataluña…

Facha sofre un ictus ao escoitar unha canción de Nao

A home permanece no hospital Juan Canalejo de A Coruña con pronóstico reservado. Un varón de mediana idade, segundo informan fontes do hospital Juan Canalejo, de A Coruña, segue hopitalizado en estado grave tras escoitar en youtube unha canción do grupo galego Nao. Polo que trascende, a canción de Nao, unha versión do poema de Ramón Cabanillas “Acción…

A Consellería de Sanidade prohibirá os magostos por canceríxenos

O departamento da Xunta baséase na resolución da Organización Nacional da Saúde para prohibir esta festa tradicional. A Consellería de Sanidade anunciou onte, por sorpresa, unha resolución pola que os magostos pasarán a estar prohibidos en Galicia. A razón que esgrime a consellería baséase na declaración como canceríxena da carne procesada que foi realizada pola…

GaliciaBilingüe denuncia ao PP por impoñer o galego

A Plataforma da viguesa Gloria Lago levará aos tribunais ao Partido de Feijóo por usar o galego en actos públicos. A raíz da moción lingüistica-antisecesionista presentada por Ciudadanos no Concello de “El Ferrol”, e na que todos os grupos municipais, menos os de Albert Rivera optaron por rexeitar, GaliciaBilingüe sae a defensa dos dereitos lingüisticos…

Distribuidoras de cine porno desembarcarán na próxima Feira do Grelo das Pontes

Chamadas polo erro de tradución de Google aproveitarán o acto para montar unha performance Moitas productoras e distribuidoras de películas pornográficas visitarán o Concello das Pontes na próxima Feira do Grelo. O erro de tradución de Google que atribuiu a tradución ‘clítoris’ á palabra ‘grelo’ foi o desencadenante de que a próxima Feira do Grelo…

Baltar recoñece que, en realidade, quere fodernos a todos

O Partido Popular de Ourense da un xiro de 180º na defensa do presidente da Deputación polo caso Baltargate. O PP saiu ao paso das críticas polas acusacións de ter ofrecido traballo a cambio de sexo mediante unha nova estratexia. Trátase de indicar que o tema non foi persoal coa muller que denunciou o caso…