Actualidade

García Albiol: ‘El multiculturalismo va a llegaaarrrr’


O líder do Partido Popular en Cataluña toleou nun programa de televisión e emulou a Fernando Arrabal durante un debate sobre os atentados de París.

garcia albiol multiculturalismo

¡El multiculturalismo va a llegaaarrrrr!

Albiol comezou o programa con un ‘¡Hablemos del multiculturalismo! ¡Cojones, ya! Estamos hablando del apocalipsis. Hablemos del multiculturalismo’, exclamou mentres batía repetidamente coa súa man sobre a mesa de debate.

Ante a sorpresa do resto dos contertulios, púxose en pe e, xuntando as mans, comezou a berrear ‘O multiculturalismo va a llegaaarrrr’. O moderador do programa pedioulle orde máis Albiol, comezou a bracexar menters gritaba ‘¡Déjame hablaaarrrr!’ para engadir que ‘Los españoles no están a favor del multiculturalismo y a quien no le guste a su casa’.

O programa foi interrupido uns momentos e, na reanudación podíase escoitar de fondo no plató os lacónicos lamentos de Albiol.

Segundo contan testemuñas, aínda a estas horas se poden escoitar, no centro de Badalona, as exclamacións do líder do PP catalán clamando pola chegada do multiculturalismo.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.