Sociedade

Atribúen a paternidade de 150 bebés a un baño público


As nais teríanse sentado directamente na taza o que propiciou o embarazo.

O presunto pai das criaturas

O presunto pai das criaturas

Acaba de saltar o escándalo na cidade da Coruña ao serlle atribuída a paternidade de 150 nenos e nenas aos baños públicos dun coñecido centro comercial.

As probas realizadas indican que as nais teríanse sentado directamente na taza do inodoro o que provocaría o embarazo que deu lugar ao nacemento de 150 bebés aínda que a cifra segue aberta ao non estar contabilizados todos os casos.

O dato fixo saltar as alarmas nas familias xa que a cifra de paternidades atribuídas a baños públicos podería aumentar exponencialmente se se contabilizaran todos os baños do país o que elevaría a cifra de paternidades a decenas de miles.

A Conferencia Episcopal xa anunciou que lle negará á comunión ás nais que teñan fillos provintes dun baño público. Serán consideradas nais solteiras ou, no caso de que xa estiveran casadas, de adúlteras polo que se lle negará o sacramento da eucaristía.

A asociación de Nais pola virxinadade advertiu que nunca se deben pousar as nalgas sobre a louza do baño ‘Está fría y te puedes quedar embarazada’ e avogou por que nas clases de educación sexual dos colexios se informe aos alumnos desta posibilidade.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.