Política

Cerna anuncia que votará por EnMarea na provincia da Coruña.


A posibilidade da marcha a Madrid de Yolanda Díaz abre a porta para que a escisión de Anova amplíe o seu número de deputadas.

Rolda de prensa de Cerna coa súa futura deputada, Mónica Fernández.

Rolda de prensa de Cerna coa súa futura deputada, Mónica Fernández.

Así o anunciaban no día de onte membros da formación nacionalista escindida de Anova, que á súa vez se escindirá do BNG. Tras os convulsos últimos meses de decantanción de formacións políticas e candidaturas para as eleccións do próximo 20D, Cerna move ficha.

Despois de anunciar o acrodo da súa militancia de non participar nos comicios de decembro de non existir unha fronte común e unitaria do nacionalismo en Galiza, Cerna anuncia que apoiará a lista presentada por EnMarea na provincia da Coruña, na que participan Anova, Podemos, EU, Espazo Ecosocialista e Marea.gal.

Cerna so apoiará á coalición nesta provincia e esperan que esta consiga cando menos 2 deputadas ás Cortes Españolas, o que permitiría o ascenso da líder de EU, Yolanda Díaz, ao mesmo tempo que abriría a porta para a incorporación da súa militante, Mónica Fernández ao Parlamento Galego e sustitución da deputada ferrolá.

Deste xeito Cerna tería os mesmos representantes que a súa ex-organización matriz Anova, e á súa vez a suma de ambas igualaría aos deputados de EU, que quedarían en 4 trala marcha da vicevoceira de AGE. A formación asegura que só e tan só apoiará a EnMarea nesta provincia e deixa a liberdade dos seus militantes o voto no resto de colexios electorais.

Pola súa parte representantes de EnMarea aseguran estar contentos da representatividade das súas listas e congratúlanse de poder abarcar un tableiro político tan amplo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.