Actualidade

GaliciaBilingüe denuncia ao PP por impoñer o galego


A Plataforma da viguesa Gloria Lago levará aos tribunais ao Partido de Feijóo por usar o galego en actos públicos.

Chío da conta oficial de GaliciaBilingüe.

Chío da conta oficial de GaliciaBilingüe.

A raíz da moción lingüistica-antisecesionista presentada por Ciudadanos no Concello de “El Ferrol”, e na que todos os grupos municipais, menos os de Albert Rivera optaron por rexeitar, GaliciaBilingüe sae a defensa dos dereitos lingüisticos dos español-hablantes galegos.

A moción presentada pretendía facilitar o uso do español, unha lingua practicamente esquecida e de pouco uso no noso país. Por “desgracia”, tal e como afirman desde GaliciaBilingüe, “hasta los talibanes comunistas” do PP se opoñen a lingua de todos os galegos, “el español”.

O presidente da Xunta deféndese alegando que el nunca falou nin falará galego, como moito castrapo, “que es lo que se habla en Los Peares”. Alberto Nuñez Feijóo considera que “a pureza do Bilingüismo harmónico atópase no castrapo, é máis, no castrapo común”. É máis, anima á Plataforma de Gloria Lago a centrar os seus esforzos na recuperación do castrapo, “50% español, 50% castrapo, eso es lo que necesita Galicia”.

Pola súa banda, Gloria Lago, anunciou o inicio dunha yihad castellano-imperialista para dar fin dunha vez por todas a un idioma imposta é que tan só pretende dividir a sociedade. Para isto, antes de coller as armas, lanzarán diferentes vídeos didácticos explicando as dificultades que día a día se atopan as persoas que queren falar español en Galiza.

A continuación pódese ver un adianto desta Guerra Santa Cibernética.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.