O departamento da Xunta baséase na resolución da Organización Nacional da Saúde para prohibir esta festa tradicional.

A OMS considera que comer un chourizo asado é como comer plutonio
A Consellería de Sanidade anunciou onte, por sorpresa, unha resolución pola que os magostos pasarán a estar prohibidos en Galicia. A razón que esgrime a consellería baséase na declaración como canceríxena da carne procesada que foi realizada pola OMS no mes de outubro e na que tamén se advertía que a carne roxa era, probablemente, carcinóxena. Así, ca Organización Mundial da Saúde incluiu os chourizos e a carnes no grupo de sustancias máis perigosas para a saúde xunto co fume de tabaco, o alcol ou o plutonio.
Fontes próximas á conselleira afirman que ‘Los chorizos son carne roja. No nos gusta nada lo rojo. El rojerío produce cáncer y después hai que atenderlos, van a los hospitales del Sergas y, claro, quedamos en evidencia’.
A Conferencia Episcopal pronunciouse tamén sobre esta prohibición. ‘Les está bien, por celebrar fiestas paganas. ¡Que coman hostias!’, declararon.