Política

Un Antón Sánchez do futuro revela os resultados das xerais


O deputado de AGE trae tamén consigo un bote de Neutrex.

Antón Sánchez do futuro diante do Photocall de EnMarea.

Antón Sánchez do futuro diante do Photocall de EnMarea.

O deputado pola provincia da Coruña de AGE, Antón Sánchez, apareceu desde o futuro para dar unha rolda de prensa coa candidatura de EnMarea. Así o vicevoceiro do grupo parlamentar, claramente desmellorado, explicou moi por riba o futuro que nos agarda nos vindeiros 4 anos.

“Non goberna Podemos” explicou Sánchez nun acto que durou aproximadamente media hora, o que tamén mencionou que “a candidatura de NÓS non obtén o ansiado grupo parlamentar, aínda que iso si Mini chega a ser senador, polo menos nos nosos corazóns”.

Preguntado pola prensa sobre a lonxevidade de Beiras, o tamén coordinador de Anova, asegurou non estar facultado para dar esa información. Iso sí deixou entrever a capacidade tecnóloxica do futuro de manter cabezas vivas en botes de cristal. “Algo parecido aos dos debuxos de Futurama pero con salmoira en vez de auga”.

Sobre os resultados de EnMarea o Antón do futuro decidiu escribilos nun papel e pechalos nun sobre lacrado, que será aberto despois dos comicios, para non desmoralizar nestes momentos de precampaña aos seus compañeiros de coalición.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s