Agasallará mulleres virxes aos mortos en combate.

O arcebispo, Antonio Cañizares, coas virxes.
Antonio Cañizares, arcebispo de Valencia, levará a cabo unha exhaustiva investigación para identificar aos membros do Exército Rebelde “trátase de eliminar a todo aquel que non sexa trigo limpo”.
Preguntado polo feito de que Pablo Iglesias non asinase o pacto antiterrorista, Cañizares dixo que non é momento para andarse con medias tintas e prometeu “tiros na caluga a podemitas, sirios e, en xeral, calquera que non sexa de fiar”.
Para fomentar a participación na cruzada, Antonio Cañizares promete “femias ibéricas, pura raza española” aos combatentes que morran no transcurso da batalla.
Por agora, varios concelleiros do PP, entre eles Martin Noriega Campillo, autor da polémica mensaxe de Facebook na que pedía “un disparo na cabeza” para os refuxiados, valoran como positivas estas declaracións. Tamén recibiu o apoio do FMI e da OTAN que prometeron financiación e soporte armamentístico.
Nesta cruzada espera contar co apoio do Real Madrid, pois quen mellor para defender os intereses do Imperio Galáctico Español.