Actualidade

Facha sofre un ictus ao escoitar unha canción de Nao


A home permanece no hospital Juan Canalejo de A Coruña con pronóstico reservado.

Jasper, cantante do grupo Nao, dedícando unha canción.

Jasper, cantante do grupo Nao, dedícando unha canción.

Un varón de mediana idade, segundo informan fontes do hospital Juan Canalejo, de A Coruña, segue hopitalizado en estado grave tras escoitar en youtube unha canción do grupo galego Nao.

Polo que trascende, a canción de Nao, unha versión do poema de Ramón Cabanillas “Acción Galega” tería sido reproducida de xeito aleatorio despois dunha búsqueda de cancións galegas por parte da vítima. A canción, que versa sobre a loita agraria arredor dos anos 1910, tería producido un colapso mental derivado en ictus ao escoitar a letra reivindicativa da mesma.

Todo apunta a que a vítima descoñecía que, alén disto, un dos colaboradores da canción non é outro que Mini, o alcalde de Boimorto, do BNG e candidato ao Senado pola formación frontista dentro de Iniciativa pola Unión. Esta información que xa manexa a familia, podería ser utilizada nas instancias xudiciais para interpoñer unha denuncia por terrorismo á candidatura galega.

Desde o grupo Nao, prefiren non facer declaracións ao respecto, e remitense a letra da canción.

¡Irmáns! ¡Irmáns galegos!

¡Desde Ortegal ó Miño

a folla do fouciño

fagamos rebrilar!

Que vexa a Vila podre,

coveira da canalla,

a Aldea que traballa

disposta pra loitar.

Antes de ser escravos,

¡irmáns, irmáns galegos!

que corra a sangre a regos

dende a montaña ó mar.

¡Ergámonos sen medo!

¡Que o lume da toxeira

envolva na fogueira

o pazo señorial!

Xa o fato de caciques

ladróns e herexes fuxe

ó redentor empuxe

da alma rexional

Antes de ser escravos,

¡irmáns, irmáns galegos!

que corra a sangre a regos

dende a montaña ó val.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.