Política

Yolanda Díaz marchará a Podemos despois das eleccións


A voceira de Esquerda Unida en Galicia marcaráse un Tania Sánchez e integraráse en Podemos despois das elección xerais do 20 de decembro.

yolanda diaz pablo iglesiasA boa relación e sintonía da ferrolá con Pablo Iglesias é pública e todo indica que se consumará na integración da actual militante de Esquerda Unida en Podemos. Desta maneira seguiría os pasos que seguiu a madrileña Tania Sánchez na súa peregrinación dende a formación que lidera Alberto Garzón cara a formación morada.

Con este movemento Podemos completaría unha negociación case perfecta ao facerse cos nº 1 e nº 2 en Coruña e co nº 2 en Pontevedra. De mantérense as enquisas que lle otorgan á formación En Marea 3-4 escanos, Podemos conseguiría 2 ou posiblemente 3 se atendemos á posibilidade máis alta da enquisa e desbalancearía o reparto de forzas na coalición. A isto habería que engadir o primeiro posto ao congreso dos deputados por  Ourense, David Bruzos  Higuero, moi próximo a Antón Gómez-Reino, membro de Podemos e nº1 pola provinica da Coruña, se ben no caso da provincia ourensá as posibilidades son remotas.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.