Chamadas polo erro de tradución de Google aproveitarán o acto para montar unha performance

Grelos totalmente espidos
Moitas productoras e distribuidoras de películas pornográficas visitarán o Concello das Pontes na próxima Feira do Grelo.
O erro de tradución de Google que atribuiu a tradución ‘clítoris’ á palabra ‘grelo’ foi o desencadenante de que a próxima Feira do Grelo teña unha grande presencia de empresas da industria do cine porno neste concello da provincia da Coruña.
Representantes de PornoHub xa indicaron que agardan gravar centos de videos amateur de xente meténdose grelos na boca para subir a súa páxina.
A Asociación de Veganos Extremistas de Galicia (Avexga) xa amosou o seu rexeitamento. ‘Estamos totalmente en contra de que se poda asociar unha planta con carne. Nós non comemos carne. Nós non chupamos carne. Non somos uns lambeconas’, declararon.
Pola súa banda Google xa advertiu ás productoras e distribuidoras de cine adulto do erro de tradución. Estas indicaron que non lles importaba xa que estaban por abrir un novo mercado no cine para adultos: a plantofilia. Agardan chegar, con esta nova parafilia, a veganos de todo o mundo.