Internacional

Os independentistas separarán Cataluña fisicamente de España


A pico e pala. E tamén con excavadoras. Así ten previsto conseguir a independencia o separatismo catalán se o plan pola independencia fracasa.

gabiaA sociedade civil catalana xa ten un Plan B no caso de que o estado español poña atrancos ao plan independentista do parlamento catalán. Trátase de construír unha gabia que separe fisicamente Cataluña de España. As obras comezarán de inmediato e agárdase a participación voluntaria de millóns de cataláns. De feito, a próxima Diada non se celebrará en Barcelona. A manifestación será na fronteira con Aragón e alí prevese comezar a cavar.

As reaccións non se fixeron esperar. Dende o Partido Popular din que ‘Ya advertimos de que los independentistas intentaban romper España. Mirad ahora. España va a quedar como una Copa del Rey en manos de Sergio Ramos’.

Tanto o PP como Ciudadanos xa anunciaron accións para paralizar esta nova ofensiva de independentismo. Daranlle palas aos seus militantes de clases baixas para que vaian tapando a gabia que vaian facendo os independentistas.

ERC apoiará a construción do foxo e Catalunya Si que es Pot pediu un referendo para ver se a xente quere facer unha gabia pero, de momento, non están de acordo.

Pola súa banda, a militancia das CUP xa anunciou que participará activamente na excavación, mentres que a de Convergencia solicitou a Màs que liciatase as obras.

A empresa de Florentino Pérez xa amosou o seu interese no futuro concurso de licitación da obra.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.