A Coordinadora de En Marea obrigará a Villares a viaxar en BlaBla Car

Forzará ao ex maxistrado a ir en bicicleta se os traxectos son de menos de 30 quilómetros e a utilizar a coñecida aplicación para compartir coche se supera a treintena. Segundo trascendeu onte, a Coordinadora de En Marea rexeitou a petición de Luis Villares. Fontes próximas a En Marea indican que Iago Martínez tomou a palabra…

Ángela Rodríguez, de Podemos Galicia, denunciada por SPam

A reprensentante de Podemos Galicia, e deputada nas Cortes españolas por EnMarea, Ángela Rodríguez,  foi denunciada por SPam segundo advirten diversos medios de comunicación. A plataforma ‘Bots Políticos Non’ levou a cabo unha análise informática, segundo o cal, se chega a conclusión de que Ángela Rodríguez é en si mesma SPam, tal como indica a súa propia…

Avistan un OVNI coa forma dun pote da queimada

Un grupo dunhas corenta persoas da costa da morte afirman ter avistado un obxecto voante non identificado (OVNI) o pasado sábado pola noite. O avistamento tivo lugar despois dunha festa na parroquia de Camelle no Concello de Camariñas e foi despois dunha celebración onde os veciños do lugar tomaran queimada. “Dixeron o conxuro e apareceu o OVNI”,…

TemposGalegos Reviews – O iogur de Licor Café de Larsa

Probamos e contámosvos as nosas opinións sobre o novo iogur de Licor Café de Larsa. Para abrir apetito podedes ver o Unboxing elaborado pola redacción de TemposGalegos: Este outono Larsa aposta pola innovación e lanza en exclusiva mundial o primeiro iogur de Licor Café. Nesta ocasión Larsa presentano un iogur cremoso e con reminiscencias ao…

Un home tenta suicidarse guindándose dende o ego de Abel Caballero

Os 75 metros da torre do hospital xeral non lle pareceron suficientementes polo que un veciño de Vigo que responde ás iniciais MGG saltou onte dende o ego de Abel Caballero.  A pesar da altura o home resultou ileso ao caer sobre a paciencia dun militante de base do PSOE que paseaba pola rúa e que nin se…

GasNatural subirá a tarifa de luz e gas á Universidade Autónoma de Madrid

Despois do escrache ao expresidente Felipe González na que centos de alumnos lle impediron dar unha charla, a empresa enerxética decidiu subirlles o recibo de luz e gas á universidade como reprimenda polo acontecido. GasNatural Fenosa vén de anunciar o incremento paulatino a partires de hoxe da factura de luz e gas da Universidade Autónoma…

Yosi roza o Nobel de Literatura

O cantante dos Suaves queda ás portas do premio que finalmente foi para Bob Dylan. O cantante e compositor ourensán que tamén estaba nominado ao nobel en química. Concretamente e segundo a Academia Sueca reparou na posibilidade de galardoar ao cantante por “crear novas expresións poéticas dentro da gran tradición das cogorzas, galegas e internacionais”. De ter…

Larsa tamén lanzará un iogur de Barrantes

Larsa é a segunda empresa que lanza un producto baseado nun licor típico do noso país depois de que en setembro do ano 2014 a multinacional francesa Danone sacase ao mercado un Actimel de licor café. Despois da atención mediática obtida polo iogur de Licor Café a compañía lanza o novo postre lácteo con sabor a…

A Lexión sustitúe a súa cabra pola virxe do Pilar

Confírmase así o ascenso da Pilarica, ao sustituír a u símbolo como é a cabra da Lexión. A sustitución da cabra da Lexión, pola virxe do Pilar convirtese en TrendingTopic, #TT, minutos despois do anuncio por parte do Ministerio de Interior. O ministro Jorge Fernández Díaz foi o encargado de dar a noticia ante os…

Localizan un dos gatos que mexa a Mahou

Un veciño de Ribeira localizou o pasado luns un dos gatos que, segundo el, é dos que mexa a Mahou. Segundo relatou Manoel S.G., autor do descubrimento, foi recoller un gato que se atopaba abandoado na rúa e que parecía que tiña fame e foille levar algo de leite para que comera. “O condenado do ghato…