A pornografía está en momentos baixos. Por segunda vez no ano deixan de ser o máis buscado na rede.
Primeiro foi coa febre da aplicación de Nintendo: Pokémon GO. Esta vez os números asustan. Dende que o primeiro iluminado sacou a foto ao iogur, as fotos por Whatsapp non pararon e compartirse. Os máis incrédulos, todos os galegos que non o viron diante, buscaron en Google para saír da dúbida da súa existencia e así comprobar que non era outro mito coma o da carne de crocodilo do restaurante da Rúa do Franco en Santiago. A noticia foise extendendo por todas as redes sociais e ata o mesmísimo Mark Zuckerberg preguntou a que sabía.
Dende o mundo do porno xa se está mirando con recelo e preocupación este producto. Ao final teremos que incorporalo ás nosas películas dixo Nacho Vidal en conxunto con PornoELLE. Tiñamos pensado invertir en películas de 3D, pero vese que o negocio vai por outro lado concluiu.
Segundo os gráficos de Google Trends IOGUR LARSA LICOR CAFÉ está por diante de “porno” en Galicia e en todos os lugares onde hai comunidade de galegos. E incluso en algúns onde non saben o que é LARSA. Moitos usuarios de Google declararon que o licor café os excitaba moito máis que a pornografía.
Por exemplo, en Estados Unidos, a busca de LICOR CAFÉ superou aos derivados do cine triple X. O mesmo en Nova Zelanda, Arxentina, Brasil e outros países de latinoamérica.
Tamén se puido observar un aumento nas reservas de voos a Lavacolla, Alvedro e Peinador. Moitos emigrados decidiron voltar para probalo, o que asustou aos controladores: “Aínda imos ter que traballar! “, declarou o portavoz destes.