O cantante dos Suaves queda ás portas do premio que finalmente foi para Bob Dylan.
O cantante e compositor ourensán que tamén estaba nominado ao nobel en química. Concretamente e segundo a Academia Sueca reparou na posibilidade de galardoar ao cantante por “crear novas expresións poéticas dentro da gran tradición das cogorzas, galegas e internacionais”.
De ter gañado Yosi convertiríase no primeiro galego en gañar este galardón, xa que non podemos considerar como galego a Camilo José Cela, gañador en 1989. O anuncio de ser considerado como un aspirante ao premio foi unha sorpresa xa que o seu traballo non se axusta aos canons literarios tradicionais de novelas, poesía e contos que o Nobel recoñeceu tradicionalmente.
O traballo de Yosi e dos propios Suaves é unha aposta contra o convencional, carece dos xuízos morais fáciles, o discurso pop ou as frecuentes concesións á audiencia. Cun lirismo exquisito, as súas preocupacións e temas son atemporais e poucos poetas de calquera época tiveron unha influencia tan universal co seu traballo.
O Premio Nobel de Literatura, un dos galardóns máis prestixiosos e financieramente xenerosos do mundo, inclúe a suma de 8 millóns de coroas suecas (ao redor de 930.000 dólares).
Nestes momento Yosi atópase descansando na súa casa despois da caída do cantante nun concerto en Santander o pasdado mes de maio. Segundo confirman a TemposGalegos, o cantante estaría reposando e aproveitando para crear novos temas.
Dá noxo este artigo.