Os 75 metros da torre do hospital xeral non lle pareceron suficientementes polo que un veciño de Vigo que responde ás iniciais MGG saltou onte dende o ego de Abel Caballero.
A pesar da altura o home resultou ileso ao caer sobre a paciencia dun militante de base do PSOE que paseaba pola rúa e que nin se inmutou nin resultou ferido: “Temos unha paciencia que o aguanta todo”, declarou.
Segundo transmitiron voceiros do Sergas o home escalou polo ego de Abel Caballero coa intención de quitarse a vida. Despois de chegar á cima tras botar máis de catro horas escalando os 150 metros en vertical o arrempentiouse mais, nese momento, o ego do alcalde de Vigo medrou 5 metros de golpe. Isto provocou que o arrepentido suicida se desestabilizara e se precepitara cara o chan. A fortuna quixo que caera sobre a paciencia dun militante de base do PSOE que nin sequera sentiu nada ata que o protagonista lle relatou o que acontecera. “Ultimamente a paciencia das bases do PSOE poden aguantar case calquera cousa. Se podemos con Felipe González…”, afirma.
Asociacións de barranquismo, escalada e salto base xa se amosaron interesadas por escalar o ego de Abel Caballero. Dende o gabinete de prensa da alcaldía xa anunciaron que se ofecerán paquetes turísticos de aventura que, en breve, estarán dispoñíbeis na web de Turismo de Vigo.