Sociedade

Avistan un OVNI coa forma dun pote da queimada


Un grupo dunhas corenta persoas da costa da morte afirman ter avistado un obxecto voante non identificado (OVNI) o pasado sábado pola noite.

ovni-pote-queimada-camarinas

Imaxe do OVNI captada por un veciño con un iPhone 6

O avistamento tivo lugar despois dunha festa na parroquia de Camelle no Concello de Camariñas e foi despois dunha celebración onde os veciños do lugar tomaran queimada. “Dixeron o conxuro e apareceu o OVNI”, indican testemuñas presenciais. Sen embargos as versións difiren un pouco xa que outras persoas que presenciaron o fenómeno difiren da forma do obxecto e indican que tiña forma de cunca e un terceiro grupo afirma que a forma era de chupito. Un cuarto grupo, algo máis alonxado, describe o obxecto con forma de botella de licor café. “De Cardhu, exactamente”, declararon.

O avistamento foi corraborado dende a outra punta do concello. Veciños do lugar de Portocelo que estaban de botellón afirman que tiveron un encontro na terceira fase e que contactaron con extraterrestes. Descríbenos con forma achatada e cun parecido físico ao de Manolo de Xaniño.

Segundo relataron os extraterrestres retivéronos na súa nave espacial e procederon a sondalosa todos e que, a partir dese momento, apeteceulles votar ao PP. Dous deles foron atopados pola guardia civil ao día seguinte nun lavadeiro. Un deles caera de cu e non se dera levantado e o outro caera de cabeza e tiña o cu en pompa e unha mangueira no ano.

Unha equipa especializada do exército do aire estivo na zona e elaborou un informe que foi clasificado como Top Secret.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.