Forzará ao ex maxistrado a ir en bicicleta se os traxectos son de menos de 30 quilómetros e a utilizar a coñecida aplicación para compartir coche se supera a treintena.
Segundo trascendeu onte, a Coordinadora de En Marea rexeitou a petición de Luis Villares. Fontes próximas a En Marea indican que Iago Martínez tomou a palabra na xuntanza e dixo, mentres petaba co seu puño no peito, que “Un bo rupturista debera ir en bicicleta a todos lados e, como mal menor, usa BlaBlaCar”. Outras fontes presenciais indicaron que a decisión de Xulio Ferreiro de renunciar a asesores e coche oficial tamén pesou na decisión: “Xulio Ferreiro prescendiu de toda esa parafernalia e despois arrepentiuse. Debemos manter unha liña coherente: prescindamos e, despois, arrempintámonos”, indicaron.
A petición dunha persoa para levar a secretaría e axenda que tamén soliciou o líder de En Marea tamén quedou zanxada na mesma xuntanza. “Que use Siri ou Cortana que ben lle vale! Para que imos andar con cousas burguesas se hai unha aplicación de Android o de Apple que o resolve?”, declararon voceiros da coordinadora.
O comunicado remata dicindo que a Coordinadora de En Marea quere dar mostras de operatividade e de que se preocupan e resolven os problemas da xente. Así, a súa primeira medida executiva foi proceder a instalarlle Google Calendar e a app de BlaBlaCar a Luis Villares no teléfono para que se vaia apañando.