En Marea atenderá a petición da cerveceira e cambiará o seu logotipo para que ninguén poida pensar que a Mahou non é unha cervexa.
A empresa Mahou-San Miguel enviou unha misiva á formación galega na que argumentaba que “Es obvia la confusión que se ha generado entre la imagen gráfica de su formación política y la imagen identificativa de Mahou San Miguel y de la Fundación Mahou”.
A formación que lidera Luis Villares aínda non comunicou oficialmente ningunha postura pero fontes confidenciais consultadas polo noso xornal indican que “nun principio estabamos dispostos a resarcilos cambiando o noso nome. Pasaríamos así a ser ‘En Mahourea’ pero a idea non callou”. Segundo comentan estiveron valorando moitas posibilidades e, ao final decidiron cambiar o logo de En Marea xa que, segundo indicaron, “Non queremos que ninguén se confunda e vaia a pensar que Mahou non é unha cervexa”, indican.
As mesmas fontes indicaron que a nova marca corporativa do partido instrumental será completamnete orixinal e “non terá nada que ver con ningunha cervexa española”.
Grazas ao traballo de investigación dos nosos reporteiros podemos avanzar, en exclusiva, o novo logo que utilizará En Marea e que será estrenado no debate de investidura de Feijoo na primeira quincena de novembro.
El parecido es obvio pero yo no habría pedido una “En Marea” en un bar ni habría votado a los hijos de Casimiro para alcaldes de mi pueblo.
Prometo no volver a pedir Mahou (Alhambra y San Miguel son diferentes) para que no me confundan con un bebedor/votante de PP, PSOE o C´s.