Despois do escrache ao expresidente Felipe González na que centos de alumnos lle impediron dar unha charla, a empresa enerxética decidiu subirlles o recibo de luz e gas á universidade como reprimenda polo acontecido.
GasNatural Fenosa vén de anunciar o incremento paulatino a partires de hoxe da factura de luz e gas da Universidade Autónoma de Madrid. Este incremente, que segundo a empresa non responde a unha vinganza polo acontecido este mércores, onde un numeroso grupo de mozas e mozos impedía con berros e pancartas que Felipe González e Juan Luís Cebrián, presidente executivo do grupo Prisa, impartirán unha charla nas aulas da mesma.
Felipe González e Cebrián, cariacontecidos polo suceso negáronse a facer declaracións no momento, peor nun comunicado feito público horas máis tarde culparon a Podemos do suceso. Na nota de prensa, titulada “Me las vais a pagar” Felipe González afirma que a cousa no quedará así.
Dito e feito, o movemento de GasNatural, onde Felipe González era conselleiro ata o pasado ano, parece ser o toque de gracia ao que a misiva remitida fai referencia no seu titular.
Mentres tanto no Partido Popular seguen facendo palmas coas orellas.