Actualidade

A Lexión sustitúe a súa cabra pola virxe do Pilar


Confírmase así o ascenso da Pilarica, ao sustituír a u símbolo como é a cabra da Lexión.

A virxe sustituíndo á cabra da Lexión

A virxe sustituíndo á cabra da Lexión

A sustitución da cabra da Lexión, pola virxe do Pilar convirtese en TrendingTopic, #TT, minutos despois do anuncio por parte do Ministerio de Interior. O ministro Jorge Fernández Díaz foi o encargado de dar a noticia ante os medios de comunicación acreditados para cubrir o desfile deste 12 de Outubro, data na que se conmemora a colonización e avasallamento dos pobos indíxenas de Sudamérica.

A virxe do Pilar continúa co seu ascenso meteórico as máis altas instancias do Estado español. Se xa no 2012 o Ministerio de Interior decidía condecorala pola súa labor como patrona da Garda Civil durante 100 anos, agora unha nova honra como ser a sustituta da cabra da Lexión durante o desfile deste ano.

A virxe do Pilar fará o percorrido íntegro do desfile, atada cunha cordiña igual que o facía a cabra, non vaia ser que se perda.

Deste xeito, o morbo trasladese ao asfalto, no que os ollos estará postos no paso do corpo da Lexión, e por unha vez os membros do goberno, desta volta en funcións, así como da Casa Real pasarán máis desapercibidos, para deste xeito poderen realizar unha pequena rolda de contactos desde a tribuna.

As asociacións animalistas xa puxeron o grito no ceo pola utilización da virxe como reclamo nunha manifestación da “grandeza e podería  militar español” que segundo as mesmas se queda nunha “miserenta mostra de tirachinas, comparada coas mostras do exercitos desenvolvidos como poden ser o norcoreano ou o chinés”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.