Sucesos

Localizan un dos gatos que mexa a Mahou


Un veciño de Ribeira localizou o pasado luns un dos gatos que, segundo el, é dos que mexa a Mahou.

gato-mexa-mahouSegundo relatou Manoel S.G., autor do descubrimento, foi recoller un gato que se atopaba abandoado na rúa e que parecía que tiña fame e foille levar algo de leite para que comera. “O condenado do ghato mexoume na man”, indicou. Foi lavarse pero antes notou un cheiro que lle resultou familiar. Para constatar as súas sospeitas procedeu a chamar a Josito, un colega co que soe saír polas noites. “O Josito díxome que iso cheiraba como a cervexa esa que servían no sitio raro no que non teñen Estrella”, comentan.

Foi nese momento e fuxindo de calquera escrúpulo cando se decidiron a probar o mexo do micho. “Isto sabe ighual pero ighual que a cervexa esa que traen importada de Madrí”, concluíron.

Segundo relataron a este xornal o gato foi vendido a un precio competitivo ao bar que non ten Estrella Galicia. “Home! É o mesmo é sáelles case ghratis. Polo menos que non ghasten no barril”, declararon.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.