Larsa é a segunda empresa que lanza un producto baseado nun licor típico do noso país depois de que en setembro do ano 2014 a multinacional francesa Danone sacase ao mercado un Actimel de licor café.

O vaso de iogur de barrantes despois de comer o seu contido
Despois da atención mediática obtida polo iogur de Licor Café a compañía lanza o novo postre lácteo con sabor a viño de Barrantes. Larsa completará a súa línea con outros iogures de sabores de crema de oruxo e licor de herbas co que agardan poder chegar ao público vegano.
Os lácteos espirituosos agardan facerse un oco no mercado de alcólicos amantes dos iogures e agárdase que no futuro poida ser complementada mediante unha liña de iogures salgados baseados nos pratos típicos de país. O departamente de I+D+i de Larsa xa avanzou que están a ultimar os preparativos para sacar un iogur de lacón con grelos, de cachucha e cocido. Este último contará tamén cunha versión azucarada segundo confirmou a empresa ao noso xornal.
Empresas españolas xa criticaron o producto por indixenista e separatista e avanzaron que lanzarán iogures que poida comer calquera español de ben como o de Anís del Mono o de brandy que poderán ser mezclados para facer un iogur de sol e sombra.
“Oco”
Obrigados