Fan a matanza léndolle ao porco artigos de Eduardo Inda

Segundo trascendeu no día de onte, unha familia do concello ourensán de Beade realizou durante a ponte a matanza. Ata aquí todo resultaría normal se non fora porque un asistente publicou nas redes sociais que se lle deu morte ao animal léndolle artigos de Eduardo Inda publicados en OK Diario e tamén de Blanco Valdés…

BurgerKing busca científicos do CERN para que repartan hamburguesas

A compañía americana aposta polos traballadores cualificados na súa última oferta de traballo. BurgerKing lanzou este luns as características que buscarán a partir de agora nas persoas que queiran traballar como repartidores na cadea de hamburgueserías. O xigante das hamburguesas busca un perfil cualificado e con estudos superiores, preferiblemente en enxeñaría, física ou matemáticas e…

Presentada oficialmente a papeleta para o referendo jallejo auto independente

A organización nacional DEPENDE (Dabate Electoral Pola Enquisa Normativa á Democrática Española) ven de anunciar a presentación dunha campaña por toda Galiza, norte de Portugal, Ribadeo e parte de Zamora a prol do dereito a decidir libremente. Esta plataforma con sede no Couto Mixto defende que xa levamos 40 anos de democracia participativa. Xa existe…

Donald Trump recoñece Madrid como capital de México

Seguindo a escalada provocada polo recoñecemento de Jerusalem como capital de Israel, o presidente estadounidense recoñece Madrid como capital de México. A noticia colleu por sorpresa aos partidos políticos inmersos na campaña catalana. Así, o Partido Popular anunciou que xa que Madrid foi arrebatada polos Estados Unidos, Cataluña pasa a ser “la única España”. Pola…

Caballero manda chover

Ante a inoperatividade da Xunta na xestión da seca que afecta a Vigo o alcalde toma cartas no asunto. No seu programa matutino “Aló Caballero”, o alcalde da cidade olívica carga unha vez máis contra a Xunta pola falta de resposta para paliar os problemas orixinados pola seca. O alcalde promételle á poboación viguesa “chegar…

Cataláns confusos non saben se facer a ponte da Constitución

Unha alta porcentaxe da sociedade catalá non ten claro a día de hoxe que facer laboralmente nestes días festivos no resto do Estado. A festividade da Constitución causa unha fenda no seo da sociedade catalá, xa que son moitas das persoas que non saben como actuar e se acudir ou non aos seus postos de…

O Deportivo da Coruña fichará un poste como defensa central

Con este movemento prevé reforzar a defensa no mercado de inverno. A directiva e o corpo técnico do Deportivo da Coruña teñen previsto fichar un poste no mercado de inverno para reforzar a defensa de cara á segunda metade do campionato ligueiro. Segundo informaron fontes próximas á equipa da cidade herculina prevén que con isto…

A Xunta podería aprobar o seu propio protocolo anti-zombi

Desde o Goberno da Xunta ultiman os detalles do que sería o plan estratéxico ante a ameaza dos mortos vivintes. Este pasado xoves saia á luz centos de documentos clasificados do que sería o plan estratéxico da Xunta de Galiza para a actuación ante un ataque zombi. Segundo se desprende dos mesmos, os pasos iniciais…

Perde o coche no aparcadoiro da Lanzada e atópao 6 meses despois

Un home de O Grove atopou o seu coche no aparcadoiro da praia de A Lanzada 6 meses de que esquecera onde o aparcara. As autoridades do Salnés atoparon onte o coche no mesmo aparcadoiro cando por casualidade pasaban pola zona. O coche que permanecía inmóbil no mesmo lugar que en xuño deste ano fora…

O #bLKfriday recorrerá as tascas do país este venres

Os locais galegos intentan instaurar esta nova tradición a base de licor café e festa. As tascas, tabernas, bares e demais lanzan a nova campaña que pretende revolucionar o venres posterior á festividade americana de Acción de Grazas. O bLKfriday nace da man do BlackFriday pero cun obxectivo claro, Galiza ten que ter a súa…