Sucesos

Organizan unha batida de hipsters nun tecor societario preto de Santiago de Compostela


A asociación que xestiona o tecor indica que a poboación de hispters estaba crecendo alarmantemente e solicitaron permiso á Xunta de Galicia.

Os veciños da contorna de Santiago de Compostela están asustados pola proliferación da especie que, segundo denuncian, “Pasean polas fincas, critican os peches e deixan a terra fozada en busca de cogumelos e trebellos vellos”.

“Son xente estraña. Veñen con camisas de cortar a leña pero nin rozan o monte nin saber coller un machado”, declararon os veciños afectados que tamén se amosaron preocupados polo seu gando. “Antes viñan para pasear uns galgos fracos que tiñan pero agora debéronse fartar deles a andan ás ovellas. A ver se imos ter que manter nós toda esa bichería”, indican.

A Consellería de Medio Rural aínda non se pronunciou sobre a batida pero xa hai voces na consellería que indican que igual se equivocaron coa introducción da especie alóctona no ecosistema galego. “Estamos preparando una linea de ayudas para paliar los daños por los hipster y estamos estudiando la posibilidad de autorizar batidas en caso de que la población de hipster aumente”, indicaron fontes próximas á Xunta de Galicia.

Este medio tratou de poñerse en contacto co colectivo hipster para recoller as súas opinións mais non foi posíbel ao estar os seus iPhones X apagados ou fora de cobertura.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.