Ciencia

Máis de 40.000 retuises e sofpaperes acaban coa junta da trócola de Ana Belén Vázquez Blanco


A deputada ourensá do PP no Congreso denuncia un entramado ruso para acabar con toda a humanidade.

A deputada Ana Belén Vázquez Blanco ven de poñer en evidencia un perigo para o mundo: A trama rusa en Twitter.

A deputada ourensá amosando no Congreso como funciona interné

Segundo denunciou a deputada de Bande un so boina verde ruso en Twitter é capaz de facer “100.000 retuises” que provocarían unha concentración cuántica en la junta de la trócola que provocaría que, xunto cos “sofpaperes” e a “box con los tuises” ser capaces de concentrar antimateria e crear un raio da morte que acabe coa Constitución e algúns Decretos-Leis.

Asesores do Congreso explícanlle a Ana B. Vázquez o que é a box dos tuises

A ameaza está a ser estudiada concienzudamente polo Goberno do Estado ao estar constatada que unha potencia mundial como Ecuador podería ser aliado de Rusia e podería meter outros “40.000 retuises” e convertirse nunha “web brigada de hackes, de trols, de sofpapers de box…, es decir, de un ejercito virtual para desestabilizar países”.

Servizos médicos do Congreso

Os servizos médicos de psiquiatría da cámara baixa negaron ter feito ningún tipo de atención nin antes nin despois da intervención da deputada conservadora.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.