Política

A Xunta podería aprobar o seu propio protocolo anti-zombi


Desde o Goberno da Xunta ultiman os detalles do que sería o plan estratéxico ante a ameaza dos mortos vivintes.

Este pasado xoves saia á luz centos de documentos clasificados do que sería o plan estratéxico da Xunta de Galiza para a actuación ante un ataque zombi. Segundo se desprende dos mesmos, os pasos iniciais pasarían polo reagrupamento humano e a recolección de auga e alimentos.

Destaca porén, o detalle de previsión do executivo que conta coa variábel de que no caso dunha resurrección dos mortos, don Manuel Fraga Iribarne podería estar entre eles, polo que dado o caso tratarían por todos os medios posíbeis no momento capturar ao especime para tentar poñeño ao frente das hordas zombis que espertarían baixo o grito de “Arriba España!”. Deste xeito e segundo os plans oficiais tentaríase conter ás masas putrefactas a través do expresidente. Tamén se contaría coa posibilidade de non poder dominar ao propip Fraga, cuestión que xa era dificil en vida. Dado o caso tentaríase poñendo ao frente dos cadáveres ao expresidente Fernández Albor, que, aínda que sigue con vida, ten un aspecto que podería enganar aos camiñantes.

Queda por ver agora se o protocolo antizombie da Xunta de Galiza consegue aprobarse en pleno, e se será de utilidade nalgún momento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.