Actualidade

Presentada oficialmente a papeleta para o referendo jallejo auto independente


A organización nacional DEPENDE (Dabate Electoral Pola Enquisa Normativa á Democrática Española) ven de anunciar a presentación dunha campaña por toda Galiza, norte de Portugal, Ribadeo e parte de Zamora a prol do dereito a decidir libremente.

Esta plataforma con sede no Couto Mixto defende que xa levamos 40 anos de democracia participativa. Xa existe unha madurez na sociedade para facer enquisas de fondo.

Esta consulta popular se fará en bares, tascas, tabernas e en concertos da Panorama e París de Noia. Os que estean a facer o Camiño de Santiago tamén poden votar xa que aínda que estean de paso, tamén veñen cara Santiago.

As papeletas terán tres posibles respostas (non excluíntes):

  • Si pero non
  • Non pero si
  • Depende

Os paisanos poderan marcar unha, dúas, tres ou ninguna opción. Téntase así cubrir tódolos posibles estados sociais. Que ningún galego se sinta comprometido na súa resposta. Todos poderan opinar, non terán a obriga de facelo pero si deben dicir algo. Tanto ten que os demáis non o entendan.

O escrutinio farase ou non, depende. Os resultados solo serán vinculantes para os que se dean por aludidos.

Este artigo é unha colaboración de NEMIGO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.