Deportes

O Deportivo da Coruña fichará un poste como defensa central


Con este movemento prevé reforzar a defensa no mercado de inverno.

A directiva e o corpo técnico do Deportivo da Coruña teñen previsto fichar un poste no mercado de inverno para reforzar a defensa de cara á segunda metade do campionato ligueiro.

Segundo informaron fontes próximas á equipa da cidade herculina prevén que con isto mellore a liña defensiva do conxunto deportivista de cara ao que queda de liga. “Cando menos algo molestará aos dianteiros rivais”, indican dende o corpo técnico.

A rede de oxeadores do Deportivo céntrase agora en elixir o tipo de poste dubidando entre o clásico de madeira e os máis modernos de cemento. “Non é unha decisión á que lle vaiamos dar moita importancia. Calquera deles aguantará o un contra un mellor que calquera dos efectivos cos que actualmente conta a nosa defensa. Incluso, de non haber postes no mercado de inverno, poderíanos valer unha farola”, indicaron.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.