Internacional

Donald Trump recoñece Madrid como capital de México


Seguindo a escalada provocada polo recoñecemento de Jerusalem como capital de Israel, o presidente estadounidense recoñece Madrid como capital de México.

A noticia colleu por sorpresa aos partidos políticos inmersos na campaña catalana. Así, o Partido Popular anunciou que xa que Madrid foi arrebatada polos Estados Unidos, Cataluña pasa a ser “la única España”. Pola súa banda, os partidos independentistas amosaron a división nun primeiro momento. Mentres que o PdeCat refixo os seus cartaces electorais para poñer “México ens roba”, ERC e as CUP apoveitaron para dirixirse á comunidade internacional dicindo que “Catalunya non debe formar parte de México”. Dende En Comú-Podem amosáronse satisfeitos “México es ya una república federal. Cataluña será un nuevo estado de México y entablaremos conversaciones con Venezuela para hacer una confederación Panamericana”.

O Ministerio de Asuntos Exteriores tamén foi collido por sorpresa polo anuncio de Trump. Despois de trasladar de urxencia a súa sede á illa de Perejil ven de anunciar que España non recoñece a El Salvador como país soberano e pasará a tratalo como parte de Honduras.

O propio Donald Trump amosouse satisfeito pola polémica e anunciou nun chío que vai seguir a mudar as fronteiras. “Borderlines are us”, chiou xunto co gif dun gato facendo karate. O departamento de exteriores avanzou que a partir de mañá Italia fará parte de Nova Zelandia xa que ao presidente non lle gusta que os países con forma de bota estean desparellados.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.